Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2020 | Actualizada ás 19:20
O veleiro da Armada Mirfak, do Centro Naval de Regatas, sufriu o ataque dun grupo de orcas pasado Corrubedo, xa no interior da ría de Muros-Noia. Tal e como se pode ver neste vídeo, os mamíferos seguiron á embarcación e acabaron rompendo pare do temón, levando 40 centímetros do mesmo.
Salvamento Marítimo emitiu , tal e como publicou GC, un radioaviso nas Rías Baixas polo avistamento na zona de orcas. Nesa zona, os animais realizaron unha acometida contra un veleiro francés que tivo que entrar no porto de Baiona. Previamente, tamén nas costas portuguesas se reportou outro ataque a outra embarcación.
Por iso, solicitan ás embarcacións na zona que, se ven a estes animais, "non tenten aproximarse", dean "amplo resgardo" e informen as autoridades. Segundo fontes consultadas non é normal o comportamento destas animais que, polo xeral, non soen aproximarse e, menos, realizar acometidas contra os barcos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.