Don't you want me, Baby

Nunca fun persoa extremista nas cuestións lingüísticas e mesmo teño sido criticado por-seica- ser morno de máis neste asunto. Sempre confiei-e sigo a confiar- no que atinxe a promoción do galego nas ferramentas da convicción e respecto ás persoas e na obriga a respecto das Institucións. Ás persoas se lles ha tentar convencer e ás Institucións hai que lles esixir o máximo compromiso coa Lingua.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 24/03/2013

Comparte esta noticia

Coñecimos hai días a nova, malia que ocorrise no 2010, de que un Secretario de Xulgado non galego que leva varios anos vivindo en Galicia pedira a nulidade dunha multa de aparcamento do concello pontevedrés pretextando que non entendía un sinal que dicía “prohibido estacionar, agás de x a y”. E este feito sobarda todas as convencións da boa convivencia. Porque, como defende a maxistrada vasca Garbiñe Biurrun, esta caste de comportamentos  son merecentes de reproche por falla de civismo e de cidadanía democrática . Porque xa non é defender o “non me interesa deprender a vosa lingua” senón que o que se nos di é “non vos quero” e “a vosa lingua é un dialectiño no que non se pode escrebir nada que sexa científico nin normativo”, E iso, amigos e amigas, élles moi perigoso se o dí  un Secretario de Xulgado ou, en xeral, calquera funcionario público con certo mando.

Velaí que sexa urxente unha modificación normativa que acade a plena igualdade entre galego e castelán no que atinxe ao deber de coñecemento e, sobre todo, para que ningún residente poida pretextar descoñecemento do galego. E para isto abondaría con levar a Lei de Normalización do 1983 até o límite de constitucionalidade que determinou o TC canda o “Estatut”. Tampouco viría mal unha meirande comprensión  da xurisprudencia a respecto da necesidade de normalizarmos o uso da lingua.
 
A arrincadeira: O Dépor si pode
 
Fernando Vázquez ten un plan. Semella que as vindeiras xornadas do calendario poderían traermos esa arelada redución da marxe de  puntos precisos para chegarmos aos níveis da supervivencia. Mais o obxectivo da Lei Concursal é a sobrevivencia das empresas. As posibilidades de sobrevivencia do Dépor dependen nomeadamente de mantermos a categoría. E isto, dende logo, de que os empregados e xogadores cobren e de que os embargos todos fiquen sen efecto.              

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.