A USC ofrecerá créditos ó alumnado que axude a vixiar o cumprimento do protocolo

A oferta vén de recibir críticas por parte do alumnado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Enésima polémica a respecto do regreso ás aulas. A Universidade de Santiago de Compostela fixo pública na mañá deste martes unha oferta dirixida ó alumnado que queira velar polo cumprimento dos protocolo anticovid. O programa, malia tratarse dun voluntariado, ofrece como contraprestación unha dotación que pode chegar ata os tres créditos universitarios.

Facultade de Historia da Universidade de Santiago
Facultade de Historia da Universidade de Santiago | Fonte: Iago Pillado en Wikipedia.

O ofrecemento da Universidade, que contemplaría apoiar ós responsables covid no cumprimento do protocolo -ventilación, limpeza, distancias, etc- vén de recibir unha variedade de respostas por parte dos alumnos, dende os máis críticos ós que adiantan que participarían na medida.

O proxecto de voluntariado da USC contemplará -como é común nestas ofertas- unha parte formativa previa, que neste caso será ofrecido de xeito telemático. Os alumnos interesados deberán dedicar un mínimo dunha hora ó programa, que estará repartido en quendas de tarde e mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta