Por E.P. | Ferrol | 10/09/2020 | Actualizada ás 18:39
O colectivo de mariscadores da Ría de Ferrol protestou este xoves ante os edificios da Xunta para reclamar ao Goberno galego e ao Estado que acheguen unha solución para que estes profesionais poidan optar a axudas ante un posible paro biolóxico ou cesamento de actividade pola a aparición do parásito perkinsus, que deixou sen produto a estes profesionais dedicados á recolección de ameixa.
Alí déronse cita representantes e socios das confrarías Santiago Apóstolo de Barallobre, en Fene (A Coruña), e de Mugardos (A Coruña), que comparten zona de traballo na ría de Ferrol. A patroa maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, advertiu que en caso de cesamento "quedarían máis da metade dos asociados fóra das prestacións", e lamentou que se pasen "a pelota entre administracións" ante este "grave problema".
Isabel Maroño detallou que na actualidade da súa confraría hai traballando unhas 70 ou 80 personas na recolección da ameixa, "cando fai tres anos eran tranquilamente uns 150 os mariscadores".
"Só poderían entrar moi poucos socios, xa que no primeiro dos casos só entraría o 5% de cada confraría, mentres que no caso do cesamento da actividade, coa normativa que nos pon, pásanos o mesmo, co que quedan fóra moitos socios, algo ao que non estamos dispostos", engadiu o patrón maior da Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre, Jorge López.
López advertiu da posibilidade de irse "todos para casa sen ningunha prestación polo cesamento definitivo", salvo que Consellería do Mar vele por eles. "No canto de tanta promesa, que se vexan máis feitos", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.