Medio Ambiente insta a embarcacións e curiosos a non interacutar co arroaz solitario da ría de Muros-Noia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda insta os curiosos a non interactuar co arroaz solitario avistado na ría de Muros-Noia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2020 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda insta os curiosos a non interactuar co arroaz solitario avistado na ría de Muros-Noia.

Este exemplar de 'Tursiops truncatus' foi avistado xa hai varios meses por mariñeiros que estaban a faenar nas augas da ría, e a situación de illamento na que se atopa e a soidade fai que aumente a curiosidade polas actividades humanas.

O arroaz solitario da Ría de Muros Noia. Xunta de Galicia - Arquivo
O arroaz solitario da Ría de Muros Noia. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Neste sentido, a Xunta lembra que se trata dun animal silvestre e non unha mascota, polo que se debe evitar interactuar con el e non ofrecerlle comida, meterse na auga ao seu carón nin entrar no seu radio de contacto.

No caso de estar nunha embarcación, ínstase a non aproximarse nin interromper o seu comportamento, senón adoptar unha posicición neutral e indiferente ante a presenza do animal e evitando cambios bruscos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta