Os centros responden á versión oficial da Consellería: "a Xunta non deixa escoller, impón"

Un IES de Santiago denuncia que Inspección ordena que recursos empregar contra a covid, mentres a Consellería publica que son os centros os que dispoñen de liberdade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A comunidade educativa continúa en pé de guerra contra as actuacións da Consellería de Educación nos últimos meses. Logo duns días de enfervescencia e enfrontamento aberto entre sindicatos e rama da Xunta recuperada por Román Rodríguez, sucédense xornadas de calma tensa á espera do outro prato forte da volta ás aulas: os institutos.

Aula. EUROPA PRESS - Arquivo
Aula. EUROPA PRESS - Arquivo

Nesta circunstancia, o IES de Brión, na comarca de Santiago, vén de facer pública unha carta aberta ós pais e nais do alumnado na que carga directamente contra a versión da Consellería e determinados medios de comunicación, onde se dá a enteder que a Xunta "deixa escoller" ós centros entre distintas medidas de protección.

A realidade da educación pública, porén, é distinta. Así se destila do documento público do IES, no que critican que a actitude da Xunta non se basea na escolla senón na "obriga". "Por un lado, din nos medios de comunicación que nos deixan escoller entre o desdobramento de grupos, as mamparas e a semipresencialidade". Porén, apuntan dende o IES, a Xunta deixa caer "pola vía da inspección", que a "primeira opción é a instalación de mamparas, aínda que teñamos aulas de desdobramento. Ou sexa, que nada de escolla: obriga".

A auténtica problemática vén dada porque, seguno destacan dende o centro, as mamparas non son opción "polo custe, polos problemas de limpeza" e "pola dificultade de mobilidade do alumnado", entre outras. Ante esta circunstancia, e descartan a semipresencialidade, a única opción pasar por incrementar profesores para facer desdobramentos, unha ampliación necesaria para "facer todas as gardas que o protocolo covid da Consellería nos obriga a facer". Polo de agora, apunta Laura Fernández, directora do centro, a Xunta anunciou que proverá de 3 dos 4 docentes requiridos. "Agora estanse movendo", destaca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta