GC Aberto

Republicanos de aparencia

Coa conduta anti - republicana que mantén a esquerda acomplexada no parlamento, caracterizada pola súa colaboración co Réxime do 78 e non oposta ao mesmo, será máis probable que consigan antes a súa propia extinción que o derrube da monarquía.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 24/09/2020

Comparte esta noticia

Se non fóra  pola información publicada polos medios internacionais  e a investigación realizada polos  tribunais suízos , as infamias  do rei  emérito manteríanse no máis estrito  anonimato, pois  a corrupción non só é da monarquía senón do propio sistema; é dicir, dos sucesivos  gobernos do bipartidismo  alternante, como tamén  aos  xerifaltes da cúpula de Estado e aos sempre cómplices medios de comunicación, que foron en maior medidas os que  orquestraron  as campañas de manipulación creando a tal fin unha  auréola do rei como salvador de España.

Imaxe aportada polo usuario Galgo 1950
Imaxe aportada polo usuario Galgo 1950 | Fonte: Galdo1950

Nesta película de ficción  o pobo só entrou en escena para interpretar por esixencias  do guión o papel de extra  de tan macabra farsa  histriónica .

Por tanto .os  desvíos de conduta  protagonizados polo ex xefe de Estado para nada son accións   descontextualizadas, senón a crónica  dunha  corrupción institucionalizada en pleno franquismo que foi tecida durante os corenta anos de ditadura e que en 1975, Juan  Carlos como herdeiro de Franco fixo súa  para mantela  practicamente invariable  durante catro décadas de “democracia” ; sen que as tan propagadas   “bondades“ da Transición fosen  impedimento para manter  as súas  prácticas  de como facer diñeiro fácil á marxe da lei.

Ao facerse receptor do manual de instrucións do Caudillo  asumiu de igual modo a súa  forma de actuar e de entender  a Xefatura do Estado; e así, si o xeneral golpista  desde o poder supremo enriqueceuse a mancheas apropiándose do alleo, o agora rei emérito reinando desde o  poderío dun ser supremo mantivo análoga traxectoria e idéntica finalidade con prácticas  igual de turbias  introducindo a variable de camuflar  as súas prácticas corruptas disfrazándose  para   a ocasión  como de  bróker,  lobbista ou  viajante de negocios.

A degradante situación vén  indicar  que mais alá das “fantasías democráticas “que se nos contan para facernos crer que a situación  cambiou , o certo  é , que   a herdanza franquista segue manipulando   os fíos do noso sistema, diante a incapacidade do Réxime do 78 de subverter a situación, o que fai cuestionar en maior medida  á monarquía como solución adecuada  á  reconstitución democrática do estado e moito mais tras a indígna fuga de Juan Carlos de Borbón 

A causa  da actual deterioración non é outra  que o simulacro inducido por unha Transición que lonxe de producir unha verdadeira ruptura  afianzou a continuidade das vellas elites que utilizando a manga ancha do seu poderío imposibilitaron a consumación dunha democracia integra e plena, coa decidida determinación  de establecer en suplencia  un réxime ao servizo  desa mesma “ casta” que segue sendo quen á marxe de todo formato democrático  deseñan  o funcionamento orgánico  do país.

A pesar de tan anómala situación o discurso oficial do pensamento único  ten prevalecido    porque durante os corenta anos de primacía oficialista a esquerda  non foi capaz  de establecer a nivel estatal  un proxecto de neutralización e  cuestionamento do réxime   instituido.

A ninguén debe sorprender que  a dereita española  siga defendendo a figura do  Rey  a pesar das súas connotacións coa corrupción, pois tense de entender que a súa adhesión non atende  a aspecto de solidez ideolóxica coa monarquía, senón porque esta representa para eles a continuidade dos valores franquistas e por tanto  o mantemento dos seus  privilexios  como clase dominante, de aí  a súa  condescendencia  coas   corruptelas  borbónicas e o seu incondicional  apoio ao rei.

Pero o realmente preocupante é a actitude  transixente cos excesos da monarquía que manteñen os partidos  de esquerdas que aínda sendo teóricos referentes do  republicanismo non reparan en pechar filas ao redor da coroa  e impedir así que  se  escrute a corrupción da Familia Real  á vez de exercer de cómplices dos seus delitos, no marco dunha relación  indecente, sendo boa proba diso a blindaxe outorgada á monarquía desde as filas socialistas.

O resto da  esquerda institucional non é caso distinto, pois todos eles sen excepción mais alá de presentarse electoralmente  cun programas  máis ou menos de esquerda, ademais de non declararse contrarios ao réxime do 78; non dubidan en exercer de  prosélitos da Constitución  incorrendo así no despropósito de crer que a reforma do sistema é posible sen tocar a estrutura dentro do marco constitucional vixente.

De non construírse  desde a participación activa do republicanismo  de esquerdas, un proxecto consensuado de cambio real, efectivo e coherente a batalla estará perdida, tendo en conta que de seguir  contemporizando co   envilecido rumbo  da   monarquía  e a súa corrupción, esta terá    garantida a súa prórroga sine die, co agravante  que  a deterioración  democrática do país farase  máis ostensible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta