Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2020 | Actualizada ás 12:10
Os doantes galegos fixeron posibles seis doazóns efectivas de medula ósea ao longo do ano 2019, segundo informa a Consellería de Sanidade este sábado.
Así, co obxectivo fixado polo Plan Nacional de Medula Ósea de alcanzar as 400.000 doazóns en 2020 superado hai xa dous anos, a mirada céntrase na meta de chegar ao medio millón de doantes no ano 2022.
No seu balance de 2019, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos resalta a incorporación de case 1.400 novos doantes procedentes da comunidade ao Rexistro nacional de medula ósea (REDMO), que conta na actualidade con preto de 434.000 persoas inscritas, das que 12.244 son galegas.
O pasado ano, dentro das tarefas de promoción, difusión e concienciación, a axencia convocou a o V edición do Concurso de curtametraxes relacionadas coa doazón de medula ósea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.