A alcaldesa da Coruña advirte a Ceuta que a estatua de Millán Astray non se moverá: "Ninguén está por encima da lei"

Lembra "o espolio dos bens públicos" levado a cabo na cidade pola ditadura franquista, como é o caso da Casa Cornide.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/09/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, replicou este sábado ao Goberno de Ceuta que "ninguén está por encima da lei", tras recibir a petición formal para a cesión da estatua que foi retirada en 2010 da praza herculina, agora denominada Praza das Atochas, e que, na actualidade, permanece nunha dependencia municipal.

O Concello coruñés non só impedirá o traslado desta estatua, senón que porá en coñecemento da Xustiza o que, remarca, parece unha vulneración da Lei de Memoria Histórica, pola que "os escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva do levantamento militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura, deberán ser retiradas dos edificios e espazos públicos".

O goberno coruñés lembrou ao Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta que a Lei de Memoria Histórica é "igual para todos". "Se a estatua de Millán Astray foi retirada da nosa cidade, de ningún modo váiselle a ceder a ningunha outra administración para a súa exhibición. Desde o goberno local da Coruña defendemos a aplicación da Lei de Memoria Histórica e calquera outra administración que pense que está por encima da lei está equivocada", avisou.

"REPARAR A MEMORIA HISTÓRICA"

A rexedora asegura que non é o único caso para "reparar a memoria histórica" da cidade, e lembrou "o espolio dos bens públicos" levado a cabo na cidade pola ditadura franquista, como é o caso da Casa Cornide, pola que "o Concello da Coruña segue loitando para que se lle devolva aos coruñeses o que é seu".

Tamén lembrou que o Concello coruñés foi parte da denuncia que recentemente se resolveu de forma favorable a que os herdeiros do ditador Francisco Franco devolvesen o Pazo de Meirás.

Inés Rei. Foto de arquivo.. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Inés Rei. Foto de arquivo.. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ricardo R.

Ordeno y mando, algo muy propio de los caciques galleg@s

1 Xerión

Saberás tí o que é un cacique, miñaxoia!