Aparecen marraxos mortos en praias galegas

Un é dun tamaño considerable. Fontes consultadas apuntan que poderían ser descartes pesqueiros.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 24/09/2020 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Dous marraxos  (Isurus oxyrinchus) apareceron mortos nas praias de Nemiña e Lires, entre Muxía e Cee. Unha das especies é dun considerable tamaño. Ao principio pareceía que se trataría do mesmo animal, pero fontes consultadas apuntan que un deles é moito máis grande que o outro.

De feito, este tipo de marraxos soen ser de gran tamaño, normalmente de até os 3,5 ou os 4 m de lonxitude, con pesos de até 700 ou 750 kg. Hai unha cita rexistrada dunha femia de 4,5 metros. É unha animal con corpo esbelo, de cor gris azulada. Ten dentes de borde liso e cola en forma de media lúa. De feito, esta fisonomía fai que sexa un dos animais máis rápidos do océano, chegando a acadar máis de 120 km/h.

É de augas superficiais e non se ten constancia de entrada nas rías, aínda que, ás veces, achégase á costa. Realiza migracións dun lado a outro do Atlántico. É unhas das especies mariñas consideradas perigosas non tendo moitos depredadores, agás as candorcas. Con todo, está en perigo de extinción.

Segundo biólogos consultados por GC, estas especies mortas poderían tratarse de descartes de pesca xa que na zona hai frota que está pescando xurel. A causa da súa morte podería ter sido enlearse nos aparellos pesqueiros.

Marraxo morto na praia de Lires
Marraxo morto na praia de Lires | Fonte: remitida

Marraxo atopado en Nemiña
Marraxo atopado en Nemiña | Fonte: FB Tiburones en Galicia
Marraxo atopado na praia de Lires
Marraxo atopado na praia de Lires | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta