O herdeiro e os caducos

Penso que á amplísima mayoría da xente non lle preocupaba nadiña a presenza de El Rei no acto do Consello do Poder Xudicial (CXPX) na Escola Xudicial de Barcelona o venres 25-S, xusto nestes intres de grave crise económica e sanitaria que habería centrar as nosas prioridades na saúde e nas cousas de comer. Porén, o noso xuizo a respecto da visita real non só habería ser de indiferenza, senón mesmo de oposición crítica, pois que as visitas do Xefe do Estado desque rematou o confinamento (Poblet-Catalunya, Compostela o 25 de xullo, Tui este día) o único que xeran son gastos esaxerados en seguranza e incomodos para a mobilidade da cidadanía, mentres xuntan só un pequeño fato de monárquicos entusiastas que adoitan vulnerar todas as medidas sanitarias.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 27/09/2020

Comparte esta noticia
Claro é que as reaccións á ausencia de El Rei en Barcelona esta última sexta amosaron un CXPX caducado no seu mandato (dende hai dous anos )I en clara sintonía cunha Casa Real que semella esquecer que non ten máis marxe de actuación e presenza pública que a que determine o Goberno do Estado.  Contra o que pensan algúns na Corte a Casa Real era consciente do balbordo que ía xerar a chamada do xefe do estado ao presidente do CXPX laiándose da súa ausencia en Barcelona.
 
A cuestión é moi grave en termos institucionais. Un Consello Xeral do Poder Xudicial caducado canto ao seu mandato e un Xefe do Estado que non elixiu ninguén, fillo dun Rei cuestionado polo seu comportamento ético durante case corenta anos amosaron un aberto cuestionamento ás decisións do Goberno do Estado (nomeado dende o consenso dunha maioría absoluta de investidura), xerando axiña acenos de apoio nas patronais CEOE e CEPYME e noutros voceiros do Deep state. É dicir, xerando inestabilidade. Filipe de Borbón e Grecia  amosou abertamente, como hai tres anos a respecto do procès catalán, ser Rei de parte e non de toda a cidadanía. E abofé que semella estar cómodo instalado nesa parcialidade.
 
Porén, os líderes do Goberno estatal de coalición, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, seica só queren acenar cara o público, no canto de lle dar solución a este problema. Porque o que cómpre é por en valor a maioría absoluta parlamentaria da investidura para aprobar dúas leis orgánicas urxentes. A primeira a da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que lle quite ao CXPX a capacidade de nomear maxistrados e Presidentes de Salas (Tribunais Supremo e Superiores, Auidiencias Nacional e Provinciais) logo de caducado, do mesmo xeito que Pedro Sánxhez e Núñez Feijóo non puideron facer nomeamento ningún cando se atopaban en funcións. A segunda a aprobación da Lei Orgánica que regule os contidos do Título II da Constitución que regula a Coroa, para deixar ben claro que tanto o Xefe do Estado é só un alto funcionario sen ningunha caste de iniciativa nin de poderes, suxeito á axenda que sinalen os Gobernos competentes. O mesmiño que a raiña Elisabeth no Reino Unido ou o rei Wilhelmus nos Países Baixos.  
 
Claro é que o Madrid político marca moito e os líderes dos partidos estatais supostamente progresistas adoitan estar máis pendentes de quedar ben perante cadanseu electorado ca de enxergar solucións políticas. Velaí que pase o tempo e que non estea tan afastado o día no que a dereita poida comelos polos pes. 

O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes
O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.