Críticas pola supresión de liñas de autobús: "así se potencia o rural?"

A redución de frecuencias xa alcanza a diversos municipios rurais de varias provincias.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Regreso accidentado á normalidade. A recuperación da actividade laboral no mes de setembro veu acompaña cunha redución dos servizos de transporte público que xa afecta a distintos puntos do territorio. Á supresión de diversos trens por parte de Renfe únese agora a supresión de certas frecuencias no transporte por autobús.

Flixbus compra a empresa de autobuses turca Kamil Koç (Actera Group). FLIXBUS - Arquivo
Flixbus compra a empresa de autobuses turca Kamil Koç (Actera Group). FLIXBUS - Arquivo

Aínda que esta problemática abrangue municipios de varias provincias, a denuncia orixinal vén de ser realizada por unha moza que critica a suspensión da liña que une Montouto e A Coruña. Segundo explica, multitude de persoas que non dispoñen doutro medio de transporte dependen do enlace para acudir ó centro de traballo, de estudo ou simplemente por ocio.

Para tentar reverter o peche, a denunciante vén de lanzar unha petición en change.org que xa recibiu o apoio de máis de 120 persoas. O caso de Montouto, porén, só é un máis dunha listaxe de municipios rurais que veñen de perder as liñas de transporte público entre eles ou cos núcleos urbanos. 

BARBANZA

No propio fío no que se deu a coñecer a petición en Change, outra usuaria destacaba a perda de frecuencias na comarca do Barbanza.

O obxectivo da petición é conseguir que os concellos de Cambre e A Coruña -polos que pasa a liña- insten á empresa Arriva a recuperar as frecuencias. "O transporte público é un dereito e é unha das medidas máis sostibles e ecolóxicas, esto sería unha gran perda e inxustiza para a miña comunidade."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta