Por Fermín Paz | A CORUÑA | 30/09/2020 | Actualizada ás 17:49
O Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) convocou para este xoves unha concentración na Coruña, na praza de María Pita, para reclamar "condicións dignas" para os maiores.
Segundo informaron, a mobilización convócase con motivo da conmemoración do Día Internacional do Maior e para denunciar "a situación na que están os maiores, de abandono por parte das institucións", expuxo Paz González, membro de Modepen.
Como exemplos, citou "o caso das residencias de maiores e os servizos sociais privatizados". "Oficialmente dise que o 30% dos pensionistas viven nunha situación pobreza, pero son máis".
En canto ao motivo da concentración, que se desenvolverá a partir das 19,00 horas, dixo que o seu obxectivo é reclamar que todas as administracións, tanto a central, como a autonómica ou a municipal, "apliquen políticas para que os anciáns vivan en condicións dignas".
"Moitas pensións son de 600 euros ou menos", engadiu lembrando que Galicia é a segunda autonomía "coa pensión máis baixa, despois de Estremadura".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.