Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 19:23
A Policía Nacional detivo dúas persoas en relación ao incendio que arrasou o pasado ano o complexo termal da Chavasqueira, situado á beira do río Miño en Ourense. Segundo indicaron fontes policiais, pasaron a disposición xudicial este mesmo venres.
O caso rexistrouse na madrugada do 24 de abril de 2019. Un empregado das instalacións deu a voz de alarma aos efectivos de Emerxencias de que se estaba producindo un incendio no lugar, e de inmediato pasouse o aviso aos efectivos de bombeiros.
A pesar dos seus esforzos, o lume xa estaba totalmente desenvolvido e unicamente lograron evitar a propagación das chamas máis aló do complexo de madeira, que quedou totalmente calcinado.
A investigación da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional apuntaba nun principio a un posible curtocircuíto como orixe do incendio, aínda que finalmente acabou determinando a intencionalidade dos feitos rexistrados e centráronse as pescudas en identificar e deter ao presunto autor dos feitos.
Preto de ano e medio despois do ocorrido, axentes da Policía Nacional detiveron dous sospeitosos, que pasaron a disposición xudicial acusados dun suposto delito de incendio con perigo para a vida e a integridade física das persoas.
En concreto, debido ao risco que correu un traballador do recinto que tivo que se rescatado polo equipo de bombeiros, que chegaron a romper unha porta para poder sacalo fóra de perigo.
Ambos os dous quedaron en liberdade, coa prohibición de saír do territorio español e a obriga de comparecer semanalmente. As actuacións atópanse baixo segredo de sumario
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.