Por E.P. | Ourense | 02/10/2020 | Actualizada ás 20:05
O festival OUFF en Curto anunciou este venres o seu palmarés no que 'To the sea', de Julian Grünthal, gañou o primeiro premio do festival ourensán.
Pola súa banda, 'La penumbra', de Daniel Viqueira, conseguiu o segundo posto e o galardón do público.
O presidente do xurado, Simone Saibene, quixo destacar "a difícil decisión" para elixir os galardoados. Pola súa banda, o coordinador do certame, Miguel Grandío, subliñou que "a variedade é o que mellor definiu esta terceira edición do OUFF en Curto", que considera "consolidado".
Tamén valora Grandío que esta selección de 15 curtrametraxes galegas "era perfecta para porse ao día do que se está facendo no audiovisual en Galicia, xa que toca todos os estilos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.