Xavier Senín, unha destacada figura da tradución, novo membro correspondente da Real Academia Galega

Traduciu máis de 150 obras ao galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O pleno da Real Academia Galega nomeou este sábado a Xavier Senín como novo membro correspondente da institución.

O filólogo, nacido en Pontecesures, encarna unha das figuras máis destacadas do panorama da tradución ao galego con máis de 150 volumes publicados en numerosas editoriais, desde obras de gran popularidade como 'Astérix' ata clásicos como 'O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha'.

Senín exerceu un apoio decidido ao sector do libro como subdirector xeral do Libro e Promoción Cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006.

Ademais, foi impulsor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (ATG), creada en 1985 para potenciar a actividade como ferramenta de normalización lingüística. Á súa vez, presidiu a Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil (1998-2001).

Xavier Senín. RAG - Arquivo
Xavier Senín. RAG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta