Segundo corte en menos de 24 horas da liña entre San Sadurniño e Cerdido

Outro desprendemento obrigou a paralizar a circulación ferroviaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

Un desprendemento de terra obrigou a cortar a circulación na vía férrea comprendida entre os municipios coruñeses de San Sadurniño e Cerdido, segundo informou Adif a través de redes sociais.

Debido a esta incidencia, o tren de media distancia que unía as localidades de Ferrol e Oviedo tivo que retroceder ata San Sadurniño, onde os pasaxeiros foron transbordados por estrada.

Trátase da segunda vez en pouco máis de 24 horas que sucede a mesma incidencia, xa que á primeira hora do sábado o tráfico ferroviario quedou interrompido entre Cerdido e San Sadurniño por outro desprendemento.

Vagón dun tren
Vagón dun tren | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En Vigo non é preciso que haxa desprendementos basta con suprimir dous trens fundamentais e dicir que non hai demanda suficiente para mantelos : Bilbao e o tren hotel a Madrid... Un tren que permite sair ás 9 da noite de Vigo e chegar descasado a Madrid ás 8 da mañán (?) RENFE en Galicia vive de aforrar custes ! Angrois incluído! Pero se calquera país do mundo tivese a liña FEVE que temos por todo o Cantábrico estaría MIMADA e potenciada para un sector turístico de calidade (as mellores paixases do mundo e as deixan morrer por incomunicación!) Claro que tamén en Ribadeo o BNG anda a vender patrimonio sen vergoña algunha ! Illa Pancha moi privada !!!