Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/10/2020 | Actualizada ás 11:35
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan, a través do Portal das Palabras, o concurso 'Olla a Palabra do Día!', unha iniciativa dirixida a centros de educación infantil, primaria e ESO.
Segundo informa a institución académica, a iniciativa repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección 'Palabra do Día', publicados no 'Portal das Palabras' durante o mes de outono.
Cada traballo, deberá centrarse nun dos temas semanais que se proporán desde este luns e ata o 1 de novembro, centrados, por esta orde, "na celebración do Día da Nena; a vida e a obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero; o Samaín e o coidado do medio natural", informan os convocantes.
O concurso pretende promover a difusión do léxico galego e, ao mesmo tempo, "potenciar a creatividade, a capacidade de síntese e a aprendizaxe de conceptos mediante o chamado pensamento visual que consiste en converter en imaxes sinxelas e reconocibles todo tipo de conceptos e ideas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.