Pontedeume prohibe o consumo de auga potable por verteduras ao río Eume

O nivel de turbidez supera o máximo establecido.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/10/2020 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O Concello de Pontedeume prohibiu o consumo de auga potable por verteduras existentes no río Eume, do que se abastece, debido a que os datos da última analítica constatan que o nivel de turbidez supera o máximo establecido.

Encoro do Eume
Encoro do Eume | Fonte: Wikipedia

Así o constatan os datos obtidos pola empresa Viaqua, concesionaria do servizo de abastecemento. De tal forma, as autoridades municipais prohibiron o consumo humano ao non poder garantirse a calidade da auga polos parámetros alcanzados.

O Concello que preside Bernardo Fernández (PSOE) sinala que a auga desta localidade pode utilizarse para realizar labores de lavado, pero non para consumir.

A administración local apunta que, desde que se detectou esta situación no río, hai cinco días, a empresa que xestiona o servizo realizou de forma continua tanto analíticas das augas captadas no río Eume, como controis das mesmas na planta potabilizadora durante as 24 horas do día.

A situación da turbidez das augas comezou a empeorar na tarde do pasado venres, 9 de outubro, mentres superou a mañá deste sábado os límites establecidos para o consumo.

O Concello, a través da Policía Local, puxo en coñecemento de Augas de Galicia a situación do río a principios semana.

Este sábado, Viaqua remitiu un informe a Sanidade no que indica verteduras ao río Eume, "que se produciron de maneira continuada ao longo de toda a semana", están "a alterar a súa calidade e características morfolóxicas", cun aumento da turbidez nas últimas 24 horas. De tal forma, a ETAP municipal "non está capacitada para garantir en continuo que a calidade da auga sexa apta para consumo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta