Declarada a emerxencia no río Eume pola turbidez das augas e as consencuencias para o abastecemento de auga

Para seguir a evolución da situación, crearase unha comisión na que estarán representados os técnicos de calidade das augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Xunta, a través de Augas de Galicia, realizou este mércores a declaración de emerxencia sobre a situación de turbidez na que se atopa o río Eume e as súas consecuencias no abastecemento de auga no concello de Pontedeume.

Diso informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, no que explica que a través desta emerxencia adoptaranse as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez. Tamén permitirá acometer actuacións de emerxencia na estación de tratamento de auga potable para conseguir, o máis axiña posible, que a auga volva ser apta para o seu consumo e que se poida restablecer o servizo á poboación.

Ademais, para seguir a evolución da situación, crearase unha comisión na que estarán representados os técnicos de calidade das augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal.

Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA
Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Este mesmo mércores percorreron o río Eume especialistas en emerxencias ambientais acompañados de técnicos de calidade de augas da Xunta co obxectivo de analizar en detalle a situación a valorar as medidas que se poden adoptar para mellorala.

A Xunta informou das novas medidas adoptadas ao Concello de Pontedeume, co que destaca que colabora e traballa, xunto coa concesionaria do servizo municipal, para conseguir a recuperación dos parámetros que permitan a reposición do abastecemento da auga á poboación.

Na xornada do martes, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade desprazouse ata Pontedeume para supervisar, in situ, os traballo realizábanse na zona de captación de abastecemento de auga.

Ethel Vázquez explicou que, desde un primeiro momento, a Xunta deu instrucións á empresa explotadora para que adoptase as medidas pertinentes para acabar canto antes coa situación de turbidez xerada e informou de que a Xunta abriu unha investigación co obxectivo de aclarar as causas e adaptar as medidas que corresponden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta