Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 20:31
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou no Consello da Xunta o informe anual da tuberculose realizado no marco do programa galego de prevención e control da enfermidade, con datos do ano 2019 e a evolución do período 1996-1019.
En termos globais, o informe reflicte que, entre 1996 e 2019, a diminución media anual da tuberculose foi do 5,7 por cento, pasando de 1.963 casos novos en 1996 a 507 en 2019, o que supón un descenso do 74,2%.
No ano 2019, Galicia rexistrou un total de 507 casos.
Así mesmo, o 96,9% dos pacientes que iniciaron tratamento en 2018 curáronse, unha porcentaxe --remarca a Xunta-- "moi por encima" do obxectivo da Organización Mundial da Saúde (OMS) é do 85%.
Sanidade destacou a importancia de baixar o tempo de diagnóstica e cortar a cadea epidemiolóxica de transmisión de casos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.