Galicia ponse a avangarda da loita contra a covid cun medicamenteo que cura case o 40% dos pacientes no día 8

Trátase de Aplicov-PC. PharmaMar anuncia resultados positivos deste ensaio clínico. A maior parte dos pacientes foi dado de alta o día 15 de hospitalización.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 16/10/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

PharmaMar anunciou que o seu ensaio clínico Aplicov-PC, con Aplidin (plitidepsina), para o tratamento de pacientes adultos con Covid-19, que requiren ingreso hospitalario, alcanzou os obxectivos primario de seguridade e secundario de eficacia.

En concreto, segundo explicou a compañía, avaliáronse no estudo tres cohortes de pacientes con tres niveles de doses diferentes de plitidepsina (1,5 mg, 2 mg e 2,5 mg), administrados durante tres días consecutivos e a carga viral dos pacientes avaliouse cuantitativamente e de forma centralizada ao comezo do tratamento e nos días 4, 7, 15 e 30 posteriores.

O estudo demostrou unha notable redución da carga viral nos pacientes entre os días 4 e 7 posteriores ao comezo do tratamento, de forma que a redución media da carga viral a día 7 foi do 50%, e do 70% a día 15. Máis do 90% dos pacientes incluídos no ensaio presentaban ao comezo cargas virais medias ou altas.

O 80,7% dos pacientes foron dados de alta médica o día 15 de hospitalización ou antes, e un 38,2% antes do día 8 (segundo o protocolo, deben estar un mínimo de 7 días ingresados). Así mesmo, obsérvase, segundo a firma, un paralelismo notable entre a diminución da carga viral, a melloría clínica e a resolución de pneumonía, así como caída de parámetros de inflamación, como a Proteína C-reactiva (PCR).

Sede de PharmaMar. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Sede de PharmaMar. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

TRAS O TRATAMENTO, SEN SÍNTOMAS

A día 30, na visita clínica programada, ningún dos pacientes tratados con plitidepsina desenvolvera síntomas ou signos derivados da infección por Covid-19. PharmaMar resaltou que estes resultados confirman tanto a seguridade como a actividade.

"A seguridade xa se viu noutros estudos, con aproximadamente 1.300 pacientes oncolóxicos tratados a doses moito máis altas, e a actividade xa se viu en estudos 'in vitro' e 'in vivo' en diferentes laboratorios de prestixio internacional", sinala a firma.

Tras os resultados obtidos neste primeiro grupo de pacientes, co fin de manter o estudo aberto nos hospitais, permitir o acceso ao tratamento a aqueles pacientes que o necesiten, a compañía obtivo da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorización para unha extensión da cohorte de pacientes. Isto, ademais, permitirá obter máis datos sobre o tratamento nesta indicación.

Con estes datos, a compañía iniciará, nos próximos días, conversacións coas axencias reguladoras para definir o próximo estudo de fase III de rexistro de plitidepsina en pacientes con Covid-19 que requiren hospitalización. A firma sinalou que os datos completos do estudo publicaranse en próximos congresos científicos e/ou nun artigo nunha revista médica de prestixio.

ACCIÓNS

Estes ensaios provocaron que as accións de PharmaMar se teñan disparado máis dun 6% nos primeiros compases da sesión tras anunciar que o seu ensaio clínico Aplicov-PC. En concreto, os títulos da compañía anotábanse unha subida do 6,4% próximas as 10.00 horas, ata intercambiarse a un prezo de 138,4 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Barrió con la Maza

Era galega (Zeltia), agora é unha Fenosa máis, un dises fodechinchos que volta ó noroeste a comer marisco coma se fose un mando da UGT...

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Seguro que Pharmamar é unha empresa galega? Non é unha das moitas "renegadas" e ten o seu domicilio social en Madrid? En todo caso alégrome de que vaian aparecendo medicamentos cos que poder facer fronte ao COVID. Esperar, agora, que non especulen con eles, que se poñan ao servizo das persoas. (Moito esperar, supoño).