A Xunta financia un proxecto privado de ciberseguridade impulsado por Telefónica e Gradiant

A Xunta convida a ambas as entidades a presentar propostas para que Galicia opte aos fondos de reconstrución.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/10/2020 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Telefónica e Gradiant renovaron este mércores a súa colaboración para o desenvolvemento de proxectos de ciberseguridade en Galicia a través do centro TEGRA, nacido no marco da unidade mixta de investigación Irmas (Information Rights Management Advanced Systems), e a creación de emprego cualificado nesta materia.

En concreto, no marco deste novo acordo, Telefónica achegará 1 millón de euros, Gradiant 850.000 euros e a Xunta 550.000 co obxectivo de continúen as investigacións postas en marcha no centro.

Precisamente, o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, participou este mércores en Vigo no acto de clausura desta unidade mixta, no que se anunciou a súa continuidade tres anos máis, o que suporá un total de 4 millóns de euros de mobilización, segundo os datos da Xunta que, en total, achega 1.22.

As unidades Irmas e Irmas 2 están centradas no desenvolvemento de solucións para que as empresas poidan mellorar os seus procesos de manexo de datos con todas as garantías de seguridade e, no seu marco, creouse o Centro de Ciberseguridade de Galicia, o Tegra, e mantivéronse ou crearon 25 empregos.

Precisamente, Francisco Conde sinalou a importancia de traballar no ámbito da ciberseguridade ao ter en conta a maior dependencia que vai ter o tecido empresarial das infraestruturas tecnolóxicas debido ao actual contexto de transformación dixital. Neste contexto, destacou o labor de Gradiant liderando a primeira e única Rede Nacional de excelencia en Tecnoloxías de Seguridade e Privacidade (Égida).

Escoitas telefónicas
Escoitas telefónicas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta