Por Galicia Confidencial | Verín | 02/11/2020 | Actualizada ás 10:00
Un comerciante de Verín iniciu unha interesante campaña publicitaria que, de seguro, terá repercusión noutras vilas e cidades galegas. Este autónomo, farto de comprobar como a súa recadación cada vez se reduce máis por conta do comercio electrónico e, sobre todo, pola omnipresencia de Amazon, decidiu atacar de raíz o problema poñendo nomes e apelidos: Jezz Bezos, o todopoderoso director executivo e fundador desta multinacional do comercio electrónico.
"Jeff Bezos non vive en Verín. O futuro de Verín non se compra. Se o tes en Verín, mércao en Verín", reza parte desta campaña que chama aos habitantes do concello a consumir e mercar produtos locais tal e como recolle DdT.
"Jeff Bezos non merca tornillos en Verín" ou "Jeff Bezos non paga o imposto de circulación en Verín", "Jeff Bezos non compra pantalóns en Verín" ou "non vai de viños por Verín" son algúns dos lemas que se poden ver nunha gran pancarta situada nunha céntrica rúa deste concello. Os responsables da campaña son os propietarios da librería AZ, e contaron coa colaboración doutra empresa, Arte Dixital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.