Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 20:01
O grupo municipal da Marea Atlántica informou de que defenderá no próximo pleno, este xoves 5 de novembro, unha moción para pedir que o Concello da Coruña renove o seu compromiso co pacto antitransfuguismo. Así mesmo, demandarase "o cesamento inmediato" de Mónica Martínez como edila de Deportes do goberno local, e a "disolución automática" do Grupo Mixto.
Marea Atlántica subliña que, en cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo que se deu a coñecer esta mesma semana, Mónica Martínez, "tránsfuga" de Cidadáns, ten a categoría de concelleira non adscrita, polo que non pode formar parte do Grupo Mixto nin aproveitar os seus recursos. Remarca Marea Atlántica que a Secretaría Xeral do pleno, no seu informe do 27 de outubro de 2020, "confirma esa interpretación".
Por iso, advirte á alcaldesa, Inés Rei, que "de manter a Martínez no seu goberno, unha situación manifestamente irregular", pode incorrer "en responsabilidades de todo tipo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.