Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 14:02
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, atribuíu o episodio de turbidez nas augas do río Eume que levou á prohibición do consumo durante varios días a mediados de outubro a un "proceso natural" causado por deprendimientos de noiros en regatos afluentes do Eume que provocou "unha alteración importante" da calidade das augas "debido ao arrastre de sólidos".
Así o manifestou en resposta a unha pregunta formulada polo deputado socialista Pablo Arangüena durante a celebración este venres da Comsiión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
A responsable de Augas, ente que depende da Consellería de Medio Ambiente, sinalou que as conclusións preliminares dos estudos sobre o episodio conclúen que o afundimento das ribeiras en dous regatos fixo que noiros caesen á auga e acabasen afectando ao Eume polo arrastre de sólidos.
Para reverter esta problemática, a responsable da Administración autonómica lembrou que foron postas en marcha obras para modernizar a potabilizadora municipal de Pontedeume, unhas obras orientadas a "reforzar" o sistema de abastecemento e que "avanzan a bo ritmo".
Gutiérrez apuntou que a Xunta destinará un total de 1,5 millóns de euros en traballos para reverter o episodio no río Eume, que desligou de actividades industriais que se realicen na zona do encoro, a cuxa empresa explotadora foi aberto un expediente por incumprimentos nas condicións de xestión.
Da partida destinada a actuacións na zona, a responable de Augas asegurou que a "maior parte" irá dedicada á citada modernización da potabilizadora, na que se instalarán novos equipos e tecnoloxías para "optimizar" as súas funcións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.