Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:17
A Xunta levará a cabo traballos de 'helimulching' (técnica pola cal se tira palla desde un helicóptero) en 10 hectáreas da Serra de San Mamede, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Unha iniciativa que chega dous meses despois dos lumes nesta espazo e cando xa se produciron arrastres de cinsa e entidades como Amig@s das árbores comezaron xa pola súa conta a rexeneración das terras queimadas.
Así llo trasladou este mércores o conselleiro de Medio Rural, José González, ao alcalde da localidade, nunha reunión telemática. As actuacións programadas, en coordinación cos técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, pasan primeiro pola estabilización de emerxencia das zonas queimadas para frear a degradación do chan e reducir a erosión e a escorrentía, explica a consellería.
Ademais, mediante a técnica do 'helimulching', en zonas de grandes pendentes, preténdese recuperar a cuberta vexetal dese terreo, "favorecendo así a rexeneración natural da vexetación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.