Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 14:00
Afundiu o 19 de novembro, pero o día no que milleiros de galego escoitaron por primeira vez falar do Prestige foi o 13 do mesmo mes do ano 2002. Hai hoxe 18 anos. O Prestige, de case 250 metros de eslora, encallou fronte ás costas galegas con unhas 80.000 toneladas de fuel que resultaron repartidas ao longo do litoral galego ante a "inepta xestión" das administracións Fraga e Aznar, como hoxe lembran políticos e tuiteiros.
O que nas primeiras horas parecía unha mancha negra de varias millas de lonxitude logo trocou nunha auténtica marea de toxicidade que había de chegar ás costas francesas. O resultado ambiental resultou catastrófico: do incidente quedan as imaxes de paxaros enchoupados de fuel, incapaces de erguer o voo, así como dos milleiros de persoas que se cogregaron nas praias para as difíciles tarefas de limpeza.
"Ante a incompetencia e a falta de medios de Xunta e Goberno, centos de mariñeiros lanzáronse a defender as rías, pescando coas súas redes e as súas propias mans o chapapote", explican dende Ecoloxistas en Acción. "A sociedade civil autoorganizada, as confrarías de pescadores, as mariscadoras, as asociacións, foron as que deron resposta á catástrofe ante a incomparecencia das autoridades", sosteñen.
A nivel social, o Prestige resultou desencadeante dunha enorme mobilización colectiva que había de fraguar no movemento 'Nunca Máis'. Quedan tamén para o recordo as imaxes dunha multidude de máis de máis de 200.000 persoas congregadas en Santiago de Compostela ese 1 de decembro clamando contra a inacción dos gobernos galego e estatal.
O clamor do 'Nunca Máis' ía dirixido ó chapapote do Prestige pero tamén á longa listaxe negra de petroleiros e cargueiros que décadas atrás morreran ante as costas galegas. "Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Mar Exeo, a lista da infamia, nomes cravados na nosa memoria colectiva como o chapapote nas rocas", recordan dende Ecoloxistas en Acción. Non en balde, e de acordo coa, Galicia rexistrou "8 dos 13" accidentes de fuel máis importantes dende os anos 60 en todo o Estado.
A FIN DE FRAGA
Os efectos do Prestige foron de tal envergadura que supuxeron o comezo da fin do goberno de Manuel Fraga, que, desde entón e ata os comicios de 2005, estivo rodeado de polémcia, coa demisión ou cese de varios dos seus conselleiros, entre eles, o eterno sucesor na sombra, José Cuíña e o ascenso de Núñez Feijóo.
A efeméride foi recordada por políticos, asociacións e tuiteiros de Galicia.
#TalDíaComaHoxe de 2002 o petroleiro Prestige cargado con 77 mil toneladas de fuel lanzaba un SOS a unhas 28 millas de Fisterra, horas máis tarde comezaba a afundirse. Así comezaba unha das traxedias ecolóxicas máis importantes da costa galega. #NuncaMáis@XurxoLobato 📸 pic.twitter.com/ZbjCzmVIkd
— Galiza Sempre (@galizasempre) November 13, 2020
Nunca volvín ver unha mostra de solidaridade igual. O mar non era de ninguén porque era de todas.
— Gini VV (@GiniXini_Corme) November 13, 2020
Foto.- Jorge Meis #NuncaMáis #Prestige #Corme #CostaDaMorte #DezaoitoAnos https://t.co/mw8msz3fA6 pic.twitter.com/SmIpofek32
Maioría de idade do desastre do #Prestige#18Anos#NuncaMáis pic.twitter.com/3sy2u3MDai
— Vlferreira (@asaveas) November 13, 2020
Neste mesmo dia, em 2002, rompe um tanque de fuel do petroleiro Prestige a 22 milhas costa. O desprezo, mentira e ineptitude política mostradas polas autoridades espanholas quando o barco se afunde dá lugar ao movimento de massas mais importante da Galiza do s. XXI, Nunca Mais. pic.twitter.com/0LUgWNIX8s
— Galiza Livre (@galizalivre1) November 13, 2020
18 anos despois da catástrofe do Prestige na costa galega, dende Ecologistas en Acción lembramos o sucedido e baixo a etiqueta #NuncaMaisPrestige18 que recolle testemuños de testemuñas da marea negra e tamén da marea branca de solidariedade.
— Ecoloxistas en Acción Ourense (@Ecoloxistasou) November 13, 2020
https://t.co/J0jsh60pAH
#NuncaMais 💪🏾🔻#Prestige https://t.co/lv1aldLXS8 pic.twitter.com/9aAfzUTI6p
— kako (@74_kako) November 13, 2020
O desastre do Prestige tamén recibiu lembranzas doutros puntos do Estado.
Se cumplen 18 años del desastre del Prestige. Queda en la memoria la irresponsabilidad de los Gobiernos del PP y el tremendo ejemplo de Galicia movilizada, junto a voluntarios llegados de otros lugares, para salvar su costa. #NuncaMais pic.twitter.com/PepERFIRdy
— Radio Unión Tenerife (@RadioUnionTfe) November 13, 2020
O 13 de novembro de 2002 o Prestige afundía en augas galegas. Xestión infame, chea de mentiras, discrimanción e agracios Galiza, do goberno español.
— Carlos R. Escuredo 🎗 (@sapoconcho) November 13, 2020
Lembramos con orgullo aquel movemento social e dicimos, novamente, Nunca Máis ás mentiras, á discriminación e ao agravio a Galiza. pic.twitter.com/IdOsqwUUVR
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.