O xuíz da causa de Asunta, sobre o suicidio de Rosario Porto: "É un momento triste, pero non todas as vítimas son iguais"

"Hai xente que é vítima de si mesma", di Antonio Vázquez Taín.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/11/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O xuíz instrutor que investigou a morte da nena Asunta Basterra en setembro de 2013, José Antonio Vázquez Taín, recoñeceu que a morte de Rosario Porto, condenada a 18 anos de cárcere polo asasinato da súa filla, constitúe un "momento triste, desagradable e moi lamentable", pero matizou que "non todas as vítimas son iguais".

O xuíz José Antonio Vázquez Taín
O xuíz José Antonio Vázquez Taín | Fonte: Europa Press

"Levo 23 anos de exercicio, vivir o mundo do delito é moi desagradable, hoxe explico que o delito non é bo, nin para a vítima nin para o delincuente. É un mundo escuro, triste no que unha vez que entras, saes marcado se é que podes saír", manifestou.

Taín recoñeceu que na súa carreira acumula "moitos momentos de tristeza, moitísimos, e este é un momento de tristeza máis, desagradable e moi lamentable".

Con todo, engadiu que "non todas as vítimas son iguais". "Hai xente que é vítima de si mesma e outras vítimas doutros; ás doutros non se lles deu nunca unha oportunidade", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta