Da ciencia ao trap: sete propostas para a normalización lingüística do galego

O evento LGx15 ofrecerá conferencias de Ángel Carracedo, Verto ou Esther Estévez sobre o futuro da lingua.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O futuro da lingua, a debate. Este 2020, como nos últimos 5 anos, terá lugar unha nova edición do evento LGx15, un "espazo de debate" no que compartir ideas para o futuro lingua. Nun contexto de polémica lingüística pola divisoria Lei Celáa, o LGx15 deste ano pandémico chega cargado de propostas pero tamén cun elemento atípico: non será presencial senón telemático.

Edición do 2016 do LGx15
Edición do 2016 do LGx15

Así, segundo informa a  Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL), as conferencias e coloquios dispostos para este LGx15 terán lugar nas "pantallas dos nosos dispositivos electrónicos", cunha versión de vídeos en liña que se estrearán en YouTube e Facebook. A estrea en cuestión será desenvolta entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro, sendo publicado cada ás 21.00 h un novo capítulo.

Este 2020 o LGx15 contará cun total de sete intervención orientadas ao debate do futuro da lingua en distintos ámbitos. Os poñentes desenvolverán as oportunidades e dificultades da normalización do idioma en cada un dos seus eidos, que neste ano atípico abranguen dende a divulgación científica -encarnada por Ángel Carracedo- ao trap e pop electrónico, da man de Verto Temazos

Entre estes, o LGx15 contará con intervencións como a da xornalista Esther Estévez, protagonista do "fenómeno lingüístico do ano" o #DígochoEu. Entre a bancada dos xornalistas estará tamén Beatriz Campos, que tentará concienciar sobre a "responsabilidade" de transmitir a lingua galega "dende o berce". En liñas paralelas, a poñente Laura Marín -de só 16 anos- explicará "o camiño para volver ao galego", programada para o xoves 26.

O penúltimo participante será o xornalista, profesor e escritor Manuel Gago, que ofrecerá unha perspectiva do patrimonio galego a través das palabras, que segundo di gardan "milenios de memoria". O evento pechará o sábado 28 coa intervención de Verto, grupo musical conformado por Alberto Mira e Fernando Peleteiro, que debaterán sobre música pop, normalización lingüística e o futuro da industria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CastelaoPaSogama

De chiste os grandes referentes do nacionalismo...