Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 18:50
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, destacou que o proxecto de Orzamentos da Xunta para a próxima anualidade "reserva unha partida de 400.000 euros para a licitación das obras da depuradora de Ber", no municipio de Pontedeume, "co fin de completar a mellora do sistema de saneamento da ría".
Ditas manifestacións realizounas durante unha visita á estación potabilizadora, que foi obxecto de obras de emerxencia cun investimento de 1,5 millóns de euros tras a turbidez rexistrada nas augas do Eume que impediu o seu consumo.
A intervención, que tivo un prazo de execución de tres semanas e que xa está finalizada, atópase aínda en probas ata o vindeiro domingo.
A Xunta estudou no seu momento varias alternativas e actuar na potabilizadora resultou ser a medida máis eficiente, rápida e eficaz para restablecer os parámetros da auga.
Teresa Gutiérrez tamén indicou que os Orzamentos da Xunta do 2021 tamén recollen "preto de 6,3 millóns de euros para as actuacións de mellora do sistema de depuración en Cabanas e Pontedeume", que no caso deste último municipio xa están moi avanzadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.