Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 13:44
O subcomité clínico acordou este venres a relaxación de medidas, é dicir, pasan de nivel máximo de restricións ás xerais do nivel dous, en seis concellos: Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao.
Polo seu lado, decidiu pedir "un esforzo adicional" para outro seis concellos, aos cales se lles aplicará o peche perimetral conxunto. Concretamente, divídense en dúas comarcas: Ribadumia, Meis e Meaño, no Salnés; e Cee, Dumbría e Muxía, na Costa da Morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.