Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2020 | Actualizada ás 11:21
As homenaxes ao recén falecido astro arxentino Diego Armando Maradona sucédense ao longo de todo o mundo, mais hai quen racha coa inercia para lembrar e denunciar eses episodios da súa vida que o sinalan como maltratador e que explicitan a súa pulsión violenta contra as mulleres. Paula Dapena, unha futbolista pontevedresa de 24 anos e xogadora do Viaxes InterRias FF de Pontevedra, negouse por este motivo a gardar un minuto de silencio antes do partido disputado contra o Deportivo Abanca.
A potente imaxe na que ela aparece sentada de costas mentres as súas compañeiras renden homenaxe a Maradona está dando a volta ao mundo. Axiña se converteu nun xesto de protesta que, impulsado polas redes sociais, cruzou as fronteiras galegas ata chegar mesmo medios internacionais.
Segundo a propia Paula Dapena explica ao medio PontevedraViva, ela avisou de que se negaría a gardar ese minuto de silencio "por un violador, pedófilo, putero e abusador". "Tiña que sentar no chan e dar as costas, e fíxeno”, sentenza.
A xogadora fixo tamén referencia a que xusto o día da morte de Maradora, o pasado mércores 25, conmemorábase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Xornada na que non se fixo ningún xesto en repulsa do maltrato. “Polas vítimas non se gardou nin un minuto de silencio. Así que, obviamente, non estou disposta a gardar un minuto de silencio por un abusador e non polas vítimas”, denunciou.
Dapena recoñece as "calidades e habilidades futbolísticas espectaculares" dun Maradona que fixo historia no mundo do fútbol internacional, pero considera que "para ser xogador, hai que ser primeiro persoa e ter uns valores máis aló das habilidades".
As reaccións de Twitter non se fixeron agardar e pronto se converteu en Trending Topic, con mensaxes de apoio chegadas dende todo o mundo:
La morte di #Maradona coincide con la GM contro la violenza sulle donne. Paula #Dapena rifiuta il minuto di silenzio, affermando: "Se non meritano un minuto di silenzio tutte le donne vittime di queste violenze, io non sono disposta a osservarlo per ricordare un VIOLENTATORE". 👇🏼 pic.twitter.com/4igRq19Vqk
— Peppe C. (@Giusepp87907736) November 30, 2020
Paula Dapena Una di noi! ✊🏽💜 https://t.co/OiBMUfHxOH
— Ari 🧶✂️🧵 #Antifa (@perica85) November 30, 2020
Admiración es poco para Paula Dapena al negarse a realizar un minuto de silencio por Maradona. ¡Eres muy grande!
— Patrulla Feminista (@Patrullafeminis) November 29, 2020
Las palabras de Paula 👏👏👏
"Dije que yo me negaba a guardar ese minuto de silencio por un violador, pedófilo, putero y maltratador y que si tenía que sentarme pic.twitter.com/VlaUxDqwHu
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.