Por Galicia Confidencial | Ames | 30/11/2020 | Actualizada ás 21:31
O Concello de Ames decidiu abrir "expediente de imposición de penalidades" ao contratista adxudicatario do novo comedor do CEIP A Maía por demora na execución das obras. Unhas obras que tiñan que estar feitas en marzo deste ano e que aínda non se executaron.
O concello lembra que foi en maio de 2019 cando se aprobou o expediente de licitación da obra de construción do novo comedo, que contaba cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros, e adxudicous en setembro de 2019 ao contratista Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA. A finalización das obras estaba prevista para o 12 de marzo de 2020.
A piques de finalizar o prazo, o pasado 10 de marzo de 2020 a empresa contratista solicitou unha ampliación de dito prazo ata o día 31 de xullo 2020 e, posteriormente, ata o 31 de agosto de 2020.
Deste xeito, a Xunta de Goberno Local do 20 de agosto de 2020 autorizou unha segunda ampliación de prazo, de carácter improrrogable, ata o 31 de agosto de 2020. Transcorridos tres meses dende a data de finalización da segunda prórroga o Concello de Ames decidiu expedientar ao contratista que terá un prazo de 10 días hábiles a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, antes de que se fixen as penalidades correspondentes
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.