Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/12/2020 | Actualizada ás 19:40
A Plataforma de Afectados pola Hepatite C expresou a súa "frustración e a súa solidariedade" coas familias das vítimas desta enfermidade tras o auto da Audiencia Provincial da Coruña que ratifica o arquivo da causa na que se investigaron a dous cargos do Sergas.
"A resolución xudicial vénnos dicir que, aínda que hai vítimas, non hai vitimarios e que, aínda que houbo atrasos, foron debidos a cuestións de procedemento e non constitúen delito", concluíu a presidenta da plataforma, Elena Rivas.
Neste sentido, indicou que a plataforma "non é quen para discutir sobre cuestións xurídicas coa Audiencia", pero si se reafirma en que "as cousas non se fixeron ben, que se restrinxiu o acceso aos fármacos por razóns de índole económica e que houbo persoas que morreron como consecuencia diso e outras que viron agravada a súa situación na espera".
Por iso, os afectados din estar "tristes" e viron "frustrada a súa esperanza de ter amparo na xustiza".
Nestes momentos de "decepción", a plataforma quere manifestar a súa "solidariedad na dor compartida con todas as familias das vítimas", para as que esta resolución "é unha nova fonte de amargura no seu sufrimento pola perda evitable de seres queridos".
A plataforma sinala que a resolución se basea en dúas cuestións asumidas: que o rol dos investigados limítase a funcións previas e posteriores á resolución dos expedientes da subcomisión especial e a inexistencia de nexo causal entre a demora ou non administración do fármaco aos pacientes polos que se instruíu o procedemento e o seu falecemento, dúas asuncións que a plataforma cuestiona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.