A lingua, en xaque no ensino: "As crianzas entran falando galego e acaban falando castelán, nunca ao revés"

O relato da "imposición lingüística" do galego avivado a raíz da reforma educativa do goberno estatal vólvese pó en canto se observa a realidade da lingua galega nos centros educativos.

Por Uxía Iglesias | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Guindar, estar ledo, carreiro, erguer... Unha mestra do rural encargouse de recoller nun caderno todas esas palabras en galego que observaba que seu alumnado - galegofalante - ía perdendo ano tras ano. O inventario de verbas xa descoñecidas para as crianzas foise engrosando sen pudor co paso do tempo. Este cativo e improvisado estudo, que naceu do asombro dunha mestra con máis de corenta anos de experiencia, impulsada a anotar inmediatamente todas esas palabras nun papel cal acto de resarcimento contra a desmemoria, é un vivo exemplo do deterioro da saúde do galego nas aulas do país. 

Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a suposta imposición da lingua galega
Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a suposta imposición da lingua galega | Fonte: Arquivo

A perda de falantes e de palabras semella unha pingueira constante á que non se lle pon remedio. A porcentaxe de mozos e mozas que nunca fala en lingua galega disparouse, de feito, un total de 15 puntos nunha soa década, do 29% ao 44%. Máis de 150.000 persoas perderon o galego como lingua nai entre os anos 2008 e 2018, segundo os datos recollidos polo IGE. Porén, na outra cara da moeda reavivan os debates políticos nos que resoa o relato da "imposición lingüística" do galego e da necesidade de protexer o castelán, un idioma falado polo 7,6% da poboación mundial (577 millóns de persoas).

O detonante que devolveu o conflito lingüístico ás aulas resultou ser a nova lei de educación impulsada polo Goberno estatal, a Lomloe, máis coñecida como 'Lei Celaá', unha norma que desbanca a Lomce - ou 'Lei Wert' (en vigor desde o 2013) - e que elimina a referencia explícita do castelán como lingua vehicular no ensino. Desta maneira, agora recae nas Administracións educativas a decisión de escoller cal das dúas linguas empregadas nos territorios con idioma propio será a vehicular, sempre e cando se garanta "o dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución Española, os Estatutos de Autonomía e a normativa aplicable", redacta a lei.

As críticas por parte da Xunta de Galicia e do PPdeG non se fixeron agardar. Cualifican a reforma educativa de "despropósito", expoñen que "pretende facilitar a imposición da lingua aos nacionalistas"  e aseguran que terá a "mínima aplicación posible" en Galicia. Na rúa, a Mesa pola Normalización Lingüística xunto con outros colectivos da educación denuncian que a Administración "ataca a oficialidade da lingua galega" e, nas redes, agromaron nestas últimas semanas mensaxes de pedían a Feijóo "que combata o coronavirus e non o galego". O debate, pois, volve protagonizar outro dos seus picos mediáticos xusto dez anos despois da aplicación do polémico Decreto do Plurilingüísmo que limita a lingua na educación infantil e que a expulsa das materias científicas e tecnolóxicas. 

SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA

Dende o ámbito educativo o balance que se fai desta última década é, cando menos, preocupante para o galego. A realidade desfavorable á lingua propia pálpase nas aulas, nos patios, nas casas e nas rúas. "As crianzas entran na escola falando galego e acaban falando castelán; mais nunca quen entra falando castelán sae expresándose habitualmente en galego", explica a directora do CEIP Agro do Muíño (Ames), Mari Carmen Liñares. Precisamente este centro foi obxecto dunha extensa análise sociolingüística por parte da Real Academia Galega no ano 2018 por entenderse "un exemplo claro" da substitución do galego polo castelán que se produce, sobre todo, nas zonas máis achegadas ás cidades.

Crianzas nunha protesta de Queremos Galego
Crianzas nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

Neste estudo indícase que catro de cada dez crianzas galegofalantes que iniciaron a súa escolarización no Agro do Muíño mudaron de lingua ao longo da súa etapa escolar. Esa progresión foi "in crescendo nos últimos anos", ao pasar de aulas con case o 50% de crianzas galegofalantes a aulas nas que só unha de 25 crianzas mantiña a lingua galega. Dá a sensación, xa que logo, de que a substitución lingüística funciona coma se dun sistema de arrastre se tratase; uns tiran polos outros. Rute Pallarés víveo de preto a través das dinámicas lingüísticas da súa cativa de nove anos e do seu neno de sete: "Antes non eran tan conscientes e non mudaban de lingua, pero agora a máis grande, que está ás portas da preadolescencia, fala castelán para integrarse no grupo de amigas. Sei que lle molesta, pero faino para poder relacionarse con normalidade". 

As súas crianzas, deste xeito, forman parte dunha xeración que "vive" e que está atravesada por este conflito lingüístico creado na esfera política e trasladado á poboación. Rute é integrante da AMPA do CEIP Paraixal e unha das impulsoras das Xornadas de Lingua que se teñen organizado neste centro, situado en Teis, nunha "zona semirrural" de Vigo na que vive "moita xente maior e poucas crianzas". A escola, pequeniña e con "certa sensibilidadde lingüística no profesorado", foi unha das primeiras de Galicia en ser "plurilingüe cun nivel de inglés moi elevado". A porcentaxe de alumnado que fala galego rolda o 30%, calcula Rute, "realmente mísero pero, se o pensamos en contexto, moitísimo para ser un entorno urbano". 

Camiñar contra esta corrente que tira con forza non é tarefa fácil, e no CEIP Agro do Muíño sábeno ben. A súa directora e profesorado traballan para reverter os datos do informe da RAG dende o Protexto Educativo do Centro, a través do que intentan darlle "máis peso á lingua galega na expresión oral e escrita" e asegurarse de que toda a comunicación e actividades da escola se fan no noso idioma. "Esta situación non se resolve tan axiña e faría falta un cambio a moitos niveis, porque para usar unha lingua hai que estar rodeado dela; así que queda moito por facer", recoñece Liñares. "Habería" - suma - "que quitarlle horas ao castelán, unha lingua que xa está presente en moitas vertentes da vida". Rute toma o mesmo camiño ca Liñares no seu relato: "O castelán é a lingua viva dos patios, e no caso de que se fale galego, é de maneira moi pobre". 

BAIXA A CALIDADE LINGÜÍSTICA

As interferencias do castelán no galego son moi superiores e cun nivel de permisividade moito maior cás súas contrarias. En quen fala galego, "perdeuse calidade sen dúbida", di Liñares. "Hai moita diferenza entre escoitar a alguén de mediana idade e a un adolescente, aínda sendo galegofalante. Neste último a fonética é moito máis homoxénea e os seus trazos dialectais vanse pulindo", analiza con oído afinado. Neste sentido, recoñece un "erro" do propio sistema educativo non potenciar que se manteñan oralmente trazos coma o seseo, a gheada ou o ditongo iu.

Tamén Pilar Ponte, mestra do IES da Pobra do Caramiñal e unha das impulsoras da recentemente nada web 'Aulas Galegas', advirte que o seu alumnado "neutraliza trazos dialectais na aula porque así llelo indicaron anteriormente". Á hora de peneirar castelanismos de cara a un galego máis correcto é difícil, inconscientemente, non levar por diante tamén os dialectos que nos identifican. Esta profesora cre firmemente en dinámicas relacionadas coa "sedución lingüística". A súa soada iniciativa '21 Días co Galego e +', coa que foi galardoada en diversas ocasións, incide precisamente na necesidade de botarse a falar para crear hábito, xa que só cometendo erros se van poder corrixir, e só falando, a lingua se volve atractiva.

Dende Teis, Rute apunta que, se ben "hai vontade de ensinar e educar en galego", moito profesorado "non domina a lingua". "E non os culpo a eles directamente, senón ao sistema", matiza. "A miña filla fala un galego moito mellor que o seu mestre; pero se escoita todos os días dicir 'rodilla' en vez de 'xeonllo', ela vai perdendo vocabulario galego e vai incluíndo vocabulario castelán ao longo dos anos de estudo, e é unha mágoa". Éo, sobre todo,  porque van morrendo palabras coma aquelas do comezo destas liñas.

PREXUÍZOS POLÍTICOS

Os prexuízos conforman outra das lousas coas que o galego cargou historicamente. No camiño cara á normalización lingüística atopáronse grandes pedras difíciles de sortear: a que vinculaba o galego co pailanismo, co rural, coa pobreza...; aqueloutra que lle restaba utilidade no mundo... Porén, nos últimos anos, o galego conseguiu pouco a pouco desprenderse deles, ou polo menos, iso é o que advirte a profesora e lingüista Pilar Ponte. "A estimación cara ao galego é maior e as actitudes como o menosprezo que se podían ver con relativa frecuencia hai unhas décadas agora practicamente desapareceron", alenta. Liñares vai pola mesma liña: "Non creo que hoxe en día haxa xente que pense que co galego non podes ir máis alá de Pedrafita. Quero pensar que eses prexuízos antigos están erradicados".

Con todo, lonxe de liberarse, obsérvase que ao galego se lle abribúen agora receos 'actualizados'. Os "novos" prexuízos asocian a xente galegofalante cunha ideoloxía determinada. "Con todo o que está caendo en contra dos nacionalismos, non o español, claro!, falar a lingua propia que te fai diferente e que che imprime identidade de país, non gusta", critica Rute Pallarés, que trae á conversa aqueles anos "máis galeguistas dun PP que se identificaba co pobo": "Iso axudaba moito á normalización da lingua". E doutra banda, contra o estigma da utilidade, Rute olla para a lusofonía como camiño cara a internacionalización.

"DA CRENZA Á ACCIÓN"

Frear a substitución lingüística, mellorar a calidade do noso galego falado e desterrar novos prexuízos sobre a lingua é responsabilidade da "sociedade no seu conxunto", comezando polo ámbito familiar, seguindo polo educativo e rematando no social. "A lingua galega é un ben común que debemos protexer e potenciar", sinala Ponte. "Nunca debe funcionar como ferramenta de loita política. Necesitamos dar o paso da crenza á acción, o paso de pensar que está ben que a xente fale galego a ser nós quen o falemos". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

5 Fundogal

Tanta estreleira vermella matou o galego. Agora a chorar.

1 fede

Tanta?, será tampouca, non si? Por que lle fas máis caso ao que che contan dende madrí que ao que ves cos teus propios ollos? canta escola fai falta, canta!

4 CastelaoPaSogama

A natureza das linguas está moi por encima do glo-gló e trakatrá dos nacionalistas. En Cataluña é onde mais se inviste e onde mais se impón a vernácula, e vai a menos. O galego vai desaparecer en pouco tempo porque non vale para nada, e non hai nada que facer porque a xente non o quere e sabe q se asocia ao peor.

1 compos

Estou dacordo contigo, agora si, seguindo o teu argumentario o Español sen dúbida é unha lingua de cuarta división, non así o Ingles, Alemán ou mesmo o Chinés. Estaría ben que se estudiase en Galiza calquera desas linguas en vez do español que si que non vale para nada.....

2 CastelaoPaSogama

Típicos sofismas de nacinalista. O último, partía o peito cando o lía, di que saber galego e español favorece moitísimo a aprendizaxe de inglés e outras linguas. Se isto fose certo, Galicia destacaría polo número de políglotas frente a outras rexións, e a realidade é que estamos igual de mal. O español vale bastante, que estes días se soubo que o goberno británico tralo brexit, aconsella estudar español; o español é a terceira lingua máis usada na rede, etc. Pero non terían maior inconvinte en que se deixaran fora as linguas de chichinabo e se oficializara en España o inglés, que é o que vale.

3 Manolo Castro

Non estou de acordo en que o valor da lingua se mida polo número de falantes: debera ser o valor que nós como pobo lle deamos. Valorado así eliminaría varias das linguas da UE, con menos falantes có galego. Quen pensa así ten unha mentalidade colonizada na que a xente da metrópole é o modelo ó que se quere semellar. Eu defendo esta lingua, xa que aquí nin a administración, nin a igrexa, nin os membros avergonzados deste pobo o fan.

4 nostrus

Manolo Castro. No se porque no te gusta el número de hablantes como modo de medir la importancia de una lengua. ¿Como te gusta más para medirla?, ¿la cantidad de su testimonio escrito?, a lo mejor inventas tu un modo y los demás tenemos que decirte amen. Tambien puede que seas tu el colonizado y el adiestrado y no sepas ver la importancia de una determinada lengua o puede que para ti una lengua y una religión sea lo mismo. Hay gente que prefiere una lengua para expresarse y esa es la que debe usar si se ajusta a la realidad lingúistica social de su entorno o con el que habla le comprende perfectamente.

5 Teutonio

Ostrás, agora os estudos científicos que levan décadas demostrando que os bilingües teñen máis facilidade pra aprender outros idiomas son mentira. Prexuízos contra ciencia. Por certo... non sei eu por onde andas, pero eu ben vexo que por norma xeral hai diferenzas no nivel de idiomas (inglés, francés, portugués, italiano) entre galegos ou cataláns e andaluces ou canarios.

3 Gamela

A lingua galega é un ben común que debemos protexer e potenciar. Nunca debe funcionar como ferramenta de loita política Se partiramos desta premisa igual tirábamos todos da mesma corda e na mesma dirección... "Non se fala unha lingua para ferir os ouvidos de quen a escoita" (moito profesorado non domina a lingua!) E para rematar, hai moito filólogo frustrado que atopa na lingua galega un sistema de poder (suspenso-aprobado) que verdadeiramente mete medo !

2 Bismutiño

Consecuencia de tantos años de imposición del gallego, de ser asociado a la lengua del BNG, de profesores fanáticos, encapuchados, chiringuitos sindicales y gente de mal vivir.

1 Alienao

Te dejaste la eta en el tintero, ah y resistencia galega también, aunque menos.

1 Nacionalistas os peores

"Crianzas" non é unha palabra galega, eiquí dicimos meniño, calico e outras.

1 Alienao

Tés razón, calico electrónico e moi galega, aínda máis ca Mazinger Z ou Sandokán.