Certame Rosalía de Castro: unha ponte para a identidade galega en Cataluña

O secretario xeral da Lingua enxalza esta iniciativa que achega a poesía en galego ás novas xeracións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2024 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou a importancia de "manter vivos" os lazos culturais con outras Comunidades nas que estean asentados "moitos galegos". Así o defendeu este sábado nos actos organizados pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Cataluña).

Deste xeito, o representante da Xunta destacou o "esforzo" desta agrupación catalá por promover actividades para "achegar a lingua e cultura galega ás novas xeracións". Neste sentido, definiu o seu Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro como unha iniciativa que, "contribúe a manter viva a identidade galega".

Ademais de asistir ao acto no que se darán a coñecer os gañadores, a Xunta detallou nunha nota de prensa que o secretario tamén participará na presentación do libro 'Certame Rosalía de Castro 2019-2023', que recolle os premiados dos últimos anos e que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Con todo, durante a súa visita a Cataluña Valentín García tamén acudiu este venres ao concerto 'Galicia canta ao Nadal' e á presentación do libro 'A muller xabaril', de Fina Casalderrey, no Centro Galego de Barcelona.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a súa comparecencia
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a súa comparecencia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta