Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 21:40
Galicia volve estar de actualidade na prensa de boa parte do mundo. O regreso do Pazo de Meirás a man do Estado máis de medio século despois de que se apropiara del Francisco Franco vén de poñer sobre o mapa un acontecemento histórico. Cando menos, así o consideraron os xornais ingleses que nas últimas horas veñen de informar --mesmo cun ton de celebración-- da "expulsión" dos Franco do pazo.
Na órbita británica, o diario The Independent foi o primeiro en saír coa noticia de que os Franco devolveran xa as chaves do "palacio" de Meirás, como o denominan na cabeceira inglesa. Neste mesmo entorno, o xigante The Guardian xa fixera referencia en momentos anteriores ao avance do xuízo contra os herdeiros do militar e ditador.
'Today is a historic day but it is a strange victory as it has taken so long to get a dictator's family to leave yet we are in a democracy' - Carlos Babio as the Franco family is today forced to leave Pazo de Meiras. My latest for @Independent https://t.co/NnkCWvnuzP
— grahamkeeley (@grahamkeeley) December 10, 2020
As informacións sobre Meirás chegaron, por se fora pouco, ao outro lado do océano atlántico. En Norteamérica, o medio máis entregado ao relato do abandono do pazo foi o Thecanadian.news, que tan só un días atrás relataba parte dos bens que a familia Franco conservaba aínda no pazo. O tema chegou tamén á BBC en meses pasados.
The Franco family kept in the Pazo de Meirás assets from the Royal Collections that belong to Heri...https://t.co/sqhiHMJk1d
— Nob Ody (@nobodytweetnob) December 8, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.