Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 17:50
A Real Academia Galega dará as últimas mostras de honra a Ricardo Carvalho Calero cun acto no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O acto, previsto para o sábado 12 de decembro, poñerá punto e final á celebración do Día das Letras máis atípica que se recorda. As restriccións impostas a raíz da covid impediron o desenvolvemento das tradicional celebracións, ao concidir o 17 de maio co confinamento.
Con todo, o acto xa está rodeado de polémica logo de que os grupos políticos que conforman a corporación de Ferrol anunciaron o seu boicot ao mesmo xa que ningún dos edís asistirá ao acto en protesta pola decisión da institución académica de celebrar a conmemoración das Letras na capital galega en lugar de en a cidade natal do intelectual ferrolán.
Así o asegurou o portavoz do goberno de Ferrol, Julián Reina (PSOE), tras a celebración dunha xunta de portavoces no Concello na que todos os grupos mostraron o seu rexeitamento á celebración da sesión da Academia nunha cidade distinta á de nacemento de Ricardo Carvalho Calero.
Raíña lembrou que xa no mes de maio o pleno de Ferrol aprobou unha declaración institucional para reclamar que o ano 2021 volva ser dedicado ao escritor ferrolán polas especiais circunstancias de 2020, por mor da pandemia sanitaria, co fin de que "Carvalho Calero reciba a homenaxe que se merece".
POLÉMICA
Porén, tamén unha polémica inisual neste recoñecemento pende este ano sobre a figura de Carvalho Calero. Máxime despois de que a Academia anunciara que non ampliaría o recoñecemento ao autor no vindeiro 2021, como si farán outras organizacións e agrupacións sociais. A Academia reserva, pois, para Carvalho, un "pleno extraordinario" co que pretende dar un último adeus a unha das máis relevantes figuras da lingua e a literatura galegas do século XX.
No acto, que contará cunha versión en streaming accesible a través da páxina da Academia, estarán presentes personalidades e expertos como Margarita Ledo Andión e dos académicos Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei. O obxectivo pasará por prestar homenaxe a unha figura que destacou, sobre todo, no eido do ensario e a academia da segunda metade do século XX.
Carvalho Calero, ademais de publicar a primeira novela da Posguerra --A xente da barreira-- recompilou a traxectoria de autores contemporáneos e antergos no amplo volume Historia da literatura galega contemporánea, que durante moitos anos serviu de base para a ensinanza secundaria e universitaria desta materia. Carvalho foi, asimesmo, o primeiro mestre universitario de Lingua Galega, á parte do máis destacado defensor das teses lusistas e reintegracionistas, unha faceta que as homenaxes da Academia deixan nun segundo plano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.