Sanidade realiza agora tests a visóns e traballadores logo dos casos COVID detectados en Europa

O conselleiro Julio García Comesaña explica que houbo sospeitas de casos en catro granxas, pero "todas" as probas deron negativo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou de que se realizan test a visóns e PCR a traballadores de 25 explotacións deste tipo en Galicia tras os brotes detectados en granxas europeas.

En resposta a unha pregunta do PSdeG no pleno do Parlamento galego, o conselleiro sinalou que se contactou "de inmediato" co sector peleteiro sobre a necesidade de incrementar as medidas de prevención despois de detectarse casos de transmisión de coronavirus por parte de humanos a visóns en granxas de Países Baixos.

Asegura que este control vai "máis aló" do programa posto en marcha polo Ministerio de Sanidade en granxas de visóns americanos, pois aquí tómanse mostras de forma periódica. Pon de exemplo que se fan PCR aos empregados cando volven das súas vacacións.

Deste xeito, Julio García Comesaña explica que houbo sospeitas de casos en catro granxas, pero "todas" as probas deron negativo.

visóns engaiolados
visóns engaiolados | Fonte: mascoteros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta