Unha deputada valenciana denuncia na Comisión Europea a “contaminación mineira” de Galicia

Sira Rego pediu medidas á UE trasladando unha pregunta de Ecoloxistas en Acción.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Novo capítulo na loita da mina de Varilongo. A antiga explotación de volframio, abandonada dende os anos 80, leva meses no punto de mira logo de que unha empresa estea a pretender reabrila “sen que o proxecto fora sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental”, segundo Ecoloxistas en Acción. O caso resulta especialmente polémico porque, de acordo coa formación verde, a propia Xunta recoñeceu en 2009 que era “necesario” facer esta declaración.

Sira Rego, eurodiputada de IU
Sira Rego, eurodiputada de IU | Fonte: Wikipedia

Porén, e de acordo coa versión achegada por Ecoloxistas en Acción e outras plataformas, as manobras sobre a mina seguen adiante. A máis sonada foi o baleirado por bombeo das plantas inundadas da mina, un proceso que –ao levar anegadas dende os anos 80—podería consistir nun caso de “contaminación mineira”. Ecoloxistas en Acción xa denunciara que o Grupo Mineiro Santa Comba estaba a verter estas augas en ríos e caudais “contiguos” “sen ningún tipo de control e con altas concentracións de metais pesados”.

Ante estas circunstancias, e o silencio da administración, o grupo ecoloxista tomou a determinación de levar o caso ante a Comisión Europea co obxectivo de provocar unha intervención de Bruxelas que obrigara a Xunta e Goberno Central a recuar. Finalmente, foi a deputada valenciana Sira Rego, de IU, a que trasladara á Comisión as cuestións elaboradas polo grupo ecoloxista.

"INEFICACIA" DAS AUTORIDADES

A través da intervención de Rego, Ecoloxistas en Accións instou á Comisión a tomar parte en Varilongo, “non sendo este o único caso deste tipo en Galicia”. “Pensa iniciar a comisión un plan de acción ou EU Pilot por presuntas vulneración ao Dereito da Unión?”, cuestionou. En liñas paralelas, a intervención de Rego inquiriu polas medidas propostas pola Comisión para poñer freo “de forma inmediata a estes vertidos”. “Que grao de incumprimento continuado e sistemático considera aceptable a Comisión ante á vista da ineficacia dos mecanismos nacionais de vixilancia ambiental?”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta