Partidos e sociedade civil

A depresión económica decatounos das grandes feblezas do noso sistema político-institucional.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 16/06/2013

Comparte esta noticia
De que o emperador ía espido. Grande parte destas gravísimas disfuncións teñen a súa orixe na ocupación das Institucións polas elites populares e socialistas, nunha caste de bipartidismo dinástico, xa que foi reforzado pola complicidade da Monarquía borbónica. Esta crise viuse amplificada polo espallamento en tempo real das novas, resultado das novas tecnoloxías mais tamén da lóxica da Grande Depresión: no malestar xeral é moi difícil agachar as evidencias e calar as protestas.
 
Isto explica a extrema falla de adaptación do PP e PSOE ao novo paradigma. E· a súa desesperada loita lampedusiana para tentar aparentar reformas cando en realidade queren que nada mude.  Porque compre enxergar  os signos dos tempos. A loita antifranquista non é máis ca unha curiosidade histórica para todos os que non puidemos votar esta Constitución. A cidadanía espertou e quere incorporar na axenda reformas institucionais inaprazábeis: máis proporcionalidade, candidaturas abertas adoptadas coa participación da cidadanía, candidaturas limpas, esixentes regras de transparencia, novos xeitos de participación. A onda mesmo lle chegou, no noso País, a Anova, que houbo seguer a rota de CXG e asumir  candidaturas abertas reais, que abren os órganos partidarios ás minorías e evitan o dirixismo das burocracias partidarias.
 
A sociedade civil vai levar por diante, tamén, algúns dos seus axentes  supostamente representativos. Como a CEG. Alguén pode pensar que ésta representa verdadeiramente aos empresarios deste País? Mais os sindicatos tampouco ficarán á marxe deste “tsunami” cidadán, que ten a virtude de nos lembrar que ninguén pode gardar o viño novo nos pelexos vellos. 
 
A arrincadeira. gal, o dominio da Galicia
 
O ICANN, organismo regulador da Internet, ven de abrir a porta para o dominio galego (GAL). Foi un traballo apartidista, estruturado precisamente no seo da sociedade civil. Un proxecto de País.
 
.gal abre grandes posibilidades de promoción cultural e exterior para a noso País e cultura e, xa que logo, moitas posibilidades económicas e empresariais. Ogalla avaliemos este instrumento polo que custou e polas súas potencialidades. .GAL é o recoñecemento mundial por sermos diferentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.