Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2020 | Actualizada ás 15:37
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, criticou que o estatuto do consumidor electrointensivo "chega tarde e chega sen consenso". "As empresas electrointensivas están ante unha situación de incerteza sen que os pagos por CO2 se ampliasen ata o máximo permitido", recriminou.
Así, empresas como Alcoa, que quere pechar a planta de aluminio de Cervo (Lugo), e outras en Galicia que fan un uso intensivo de electricidade, segundo advertiu, "non teñen unha certidumbre clara sobre a situación a futuro".
Ademais, acusou o Goberno central de aprobar este estatuto "sen consenso porque non se puxo en contacto coas comunidades autónomas". "Non temos unha resposta ás propostas trasladadas", afirmou, antes de sinalar á "incerteza sobre se se incluíron as iniciativas" que achegaron de maneira conxunta a Xunta e os executivos de Asturias e Cantabria.
Pola contra, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, celebra un estatuto dos consumidores electrointensivos que "achega seguridade e certidumbre" á industria galega.
Losada afirma que as compañías "quedan dotadas dun marco xurídico e económico que mellora a competitividade". E incide en que "se dá así cumprimento a un compromiso adquirido polo presidente, Pedro Sánchez, e a ministra de Industria, Reyes Maroto, coas empresas galegas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.