Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 15:32
O presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez Sieira, tacha o acordo de TAC e cotas na UE para 2021 como "catastrófico", cun recorte que leva ao sector á "ruína" tras un ano "dramático" pola pandemia.
O presidente da Federación Galega de Confrarías denuncia que este recorte "é un desastre". A frota galega "está moi preocupada", porque "só se rebaixou un pouco" a baixada prevista para a pescada, que descende un 5%, mentres caen "unha chea" as posibilidades de pesca noutras especies.
Así, quéixase do descenso 20% no linguado do Cantábrico, unido a diminución en especies como lagostino, galo e abadexo.
Tamén chama a atención sobre que "preocupa" para a pesca artesanal o descenso na raia, pois no primeiro trimestre de 1.380 toneladas agora "queda en 380 toneladas".
"Isto lévanos á ruína totalmente, non sabemos se se van a despezar barcos ou se se vai a ir ao paro, porque isto non é viable, é muucho recorte o que fixeron en moitas especies", clama.
"INASUMIBLE"
Este recorte de cotas para 2021 chega nun momento "dramático" para a frota pola pandemia e a incerteza sobre o que sucederá co Brexit.
"Lamento moito que Bruxelas non sexa máis sensible coa situación do sector", critica Pérez Sieira. "Nin aínda que houbese o tema do covid, con esta rebaixa de cotas é inasumible, non se pode manter a pesca, pero en toda España, non falo de Galicia só", agrega.
A UE prorroga tres meses as cotas para poboacións compartidas con Reino Unido á espera dun acordo sobre o Brexit, pero o presidente das confrarías galegas xa avanza que "se presenta un ano moi complicado" en 2021. "O deste ano é inasumible", apostila.
Ademais, o representante da Federación Galega de Confrarías ve "moi difícil" que futuros intercambios de especies entre países sirvan para paliar estes recortes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.