O BNG carga contra a conselleira de Mar por "dicir que hai mariñeiros de máis"

Tras destacar como exemplo do "malo" da repartición para Galicia que se reduza "un 13%" a cota do rape, os nacionalistas emprazaron á conselleira do Mar a que "se cre" que "sobran" mariñeiros en Galicia debería "empezar" antes polos membros do goberno en San Caetano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O BNG, a través da súa deputada no Parlamento galego Noa Presas, criticou a repartición de cotas de pesca acordado esta semana na Unión Europea que considera "moi malas" para a frota pesqueira de Galicia, en especial, para a do arrastre.

A preguntas dos medios este venres nunha rolda de prensa ofrecida no Pazo do Hórreo, a portavoz de Economía do grupo parlamentario nacionalista cargou contra a conselleira do Mar, Rosa Quintana, por "dicir que hai mariñeiros de máis" en Galicia.

Para a deputada frontista, estas palabras son "moi graves" como o é o acordo alcanzado en Europa e que supón que "chova sobre mollado" sobre o sector pesqueiro galego.

Neste sentido, e tras destacar como exemplo do "malo" da repartición para Galicia que se reduza "un 13%" a cota do rape, Noa Presas emprazou á conselleira do Mar a que "se cre" que "sobran" mariñeiros en Galicia debería "empezar" antes polos membros do goberno en San Caetano.

"O ministro Planas dicía hai semanas que era un acordo satisfactorio. Desde logo para Galicia non é satisfactorio en absoluto", engadiu Presas.

A deputada do BNG, Noa Presas, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG - Arquivo
A deputada do BNG, Noa Presas, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta