Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/12/2020 | Actualizada ás 16:00
Un total de 246.561 persoas vivirán soas en Galicia en 2035, o que supón 8.439 máis que agora, segundo as proxeccións de fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). O número global de fogares diminuirá nos próximos 15 anos en 11.715 unidades (-1,1%) ata quedar en 1.057.377 en toda Galicia.
No entanto, a evolución da provincia de Pontevedra será diferente. Alí, haberá un incremento do 2,1% no período 2020-2035, de maneira que alcanzará os 368.883.
Respecto da proxección en función do tamaño do fogar, haberá un aumento do 3,3% en 2035 das residencias con seis ou máis persoas en 2035. Os dunha persoa subirán un 3,5% e os de dous individuos, un 4,8%. Por contra, baixarán os de tres, catro e cinco persoas.
En función da división do territorio en 20 zonas, o número de fogares aumentará na área da Coruña (+5,7%), área de Pontevedra (+5,6%), área de Santiago (+4,5%), Caldas-O Salnés (+3,7%) e área de Vigo (+2,5%).
En cambio, o maior decrecemento terá lugar nas áreas de Lugo oriental (-14,5%), Ourense sur (-13,6%) e O Carballiño-O Ribeiro (-12,2%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.