Protestas en coche contra a Lei Celáa por "ideolóxica" e por impor o galego

Convocados pola plataforma a favor da educación concertada 'Más Plurales', centos de coches sairon só en cinco das sete cidades galegas para denunciar que "nin é o momento nin son as formas" desta lei. PP e Cs apoiaron a protesta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

Centos de coches volveu a manifestarse en cinco das sete grandes cidades galegas --Lugo, Vigo, Ourense, Ferrol e A Coruña-- para protestar contra a reforma educativa do Goberno central, coñecida como Lei Celáa, que consideran "imposta" e que presenta "unha enorme carga ideolóxica que restrinxe duramente dereitos e liberdades individuais e colectivas".

As marchas, que se produciron en todas as grandes cidades de Galicia salvo en Santiago de Compostela e Pontevedra, contaron co respaldo e participación de membros do PP e Cs. Ao longo da mañá, centenares de vehículos tomaron as urbes con lazos e globos laranxas para expresar a súa oposición a unha reforma que "atenta contra a liberdade de ensino propondo unha drástica redución do pluralismo e do dereito a elixir as familias".

Así o indicaron lidos ao termo das marchas convocadas pola plataforma Más Plurales nun manifesto no que o colectivo censura un texto lexislativo sacado adiante "sen diálogo, sen negociación, sen consenso político e social" e nun contexto de pandemia "que esá requirindo un enorme sacrificio ás familias, alumnado, traballadores, equipos directivos e titulares dos centros".

Neste sentido, os manifestantes censuran que a LOMLOE "asigna ao ensino concertado un papel absolutamente subsidiario con relación ao ensino público" e limita o "dereito a elixir" os pais. "Escolarizarase en función das decisións e intereses das administracións", incide o manifesto.

"Continuaremos traballando en todos os foros e ámbitos internacionais, nacionais, autonómicos, políticos e xurídicos, para minimizar as consecuencias negativas desta lei ata que se cambie novamente e, oxalá nesta ocasión, a novena, sexa froito dun verdadeiro pacto educativo. En educación cabemos todos e non sobra ninguén", aseveraron.

PP E CS

Así, as marchas contaron co apoio de membros do PP e de Ciudadanos, cuxa portavoz en Galicia, Beatriz Pino, participou na manifestación de Vigo, onde asegurou que o partido laranxa "non vai permitir que o castelán deixe de ser lingua vehicular en Galicia.

"É un atentado contra a liberdade de elección de centro dos pais, contra a educación concertada e educación especial, cando os pais máis necesitan ese servizo público da educación especial, ameázaselles con que se vai a acabar esta educación", sinalou Pino, segundo recolle un comunicado emitido por Cs.

Manifestación contra a LOMLOE en Galicia. MÁIS PLURAIS
Manifestación contra a LOMLOE en Galicia. MÁIS PLURAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta