O Sergas fará probas a "todos" os asistentes ao acto de Feijóo e Casado na Coruña

Feijóo e Casado compartiron abrazos sen usar máscara. O anuncio chega tralo positivo da Conselleira do Mar, presente no acto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) citou ao longo desta fin de semana "a todos" os asistentes ao acto do PP celebrado o pasado venres na Coruña con presenza do presidente estatal do partido, Pablo Casado, e o líder galego, Alberto Núñez Feijóo. Este cribado "por protocolo", segundo explicaron a Europa Press fontes provinciais da formación, prodúcese despois de transcender que a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana, que precisamente estivo presente no evento, deu positivo en covid-19. 

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado (d) e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,  durante o acto sobre economía e fondos europeos ?Galicia: máis investimentos, menos impostos?, na Coruña, Galicia (España), a 18 de diciemb. M. Dylan - Europa Press
O presidente do Partido Popular, Pablo Casado (d) e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto sobre economía e fondos europeos ?Galicia: máis investimentos, menos impostos?, na Coruña, Galicia (España), a 18 de diciemb. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Deste xeito, decenas de persoas, entre elas xornalistas, fotógrafos e cargos do partido, recibiron unha chamada do Sergas para facer a correspondente proba despois de asistir a este acto celebrado no restaurante do Monte de San Pedro, e que levaba por título 'Galicia: máis investimentos, menos impostos'.

Este acto na Coruña contou coa presenza non só de Casado e Feijóo, senón tamén de múltiples cargos orgánicos como o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; os presidentes provinciais da Coruña, Diego Calvo; Lugo, Elena Candia; e Ourense, Manuel Baltar; ademais do vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, entre outros.

O PPdeG, consultado por Europa Press, enmarcou estas citas para facer a PCR no "protocolo convencional" que segue o sistema sanitario para "identificar contactos" dun positivo e evitar que se produzan contagios. A pesar de que os asistentes ocuparon as súas cadeiras coa preceptiva distancia e de que os membros da prensa estaban nunha zona apartada para seguir o acto, a raíz do contaxio da conselleira o Sergas iniciou o rastrexo de contactos para descartar un eventual brote. No entanto, persoas alí presentes apuntaron a que houbo abrazos mesmo entre Casado e Feijóo, quen ademais, tal e como capturaron os fotógrafos, non levaba a máscara nese preciso momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alexeiev

Ai, dando exemplo... e logo os repuntes veñen dados por condutas irregulares nas terrazas