O Consello Galego de Pesca abordará o acordo do Brexit nunha reunión extraordinaria nos próximos días

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar e representantes do sector pesqueiro galego decidiron este domingo celebrar un Consello Galego de Pesca de carácter extraordinario para abordar o impacto do acordo asinado odecidiron este domingo celebrar un Consello Galego de Pesca de carácter extraordinario para abordar o impacto do acordo asinado o pasado xove pasado xoves para a saída do Reino Unido da Unión Europea.

En encontro, segundo informa a Xunta nun comunicado emitido este domingo, estará sobre a mesa o deseño dos pasos a seguir de face a paliar "os efectos negativos" que o pacto alcanzado suporá para a frota galega, que perderá cotas ademais de sufrir outras cuestións relacionadas coa xestión e ordenación da pesqueira.

Na reunión celebrada este domingo, orientada a realizar unha análise preliminar do acordo, participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto con representantes de entidades ocmo federacións de confrarías, armadores ou asociacións de produtores pesqueiros.

Deste xeito, continúa a Administración autonómica, sector e goberno coincidiron na necesidade de axuntar esfuezos para defender os intereses galegos, pois advirten das consecuencias que o pacto terá para a ordenación e xestión no Gran Sol e no Cantábrico-Noroeste.

Deste xeito, a Xunta decidiu encargar dous informes sobre a incidencia do acordo. Un será de carácter técnico-administrativo para avaliar o impacto na actividade extractiva e na comercialización, mentres que o segundo, que correrá a cargo do Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña, centrarase nas implicacións xurídicas que trae o novo escenario.

Rosa Quintana nunha reunión co sector pesqueiro. Xunta de Galicia
Rosa Quintana nunha reunión co sector pesqueiro. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta