Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 20:29
A coordinadora de Cidadáns en Galicia, Beatriz Pino, lembrou este mércores que a súa formación "defenderá o español tanto dentro como fóra das institucións". Díxoo en clara alusión ao PP que asumiu como propia unha iniciativa que foi rexistrada pola formación laranxa o pasado mes de novembro, co obxectivo de que se defenda o uso do castelán como lingua vehicular en Galicia.
Asi, a responsable da formación liberal sinalou que Cs "naceu para defender a liberdade dos españois para poder utilizar a lingua que desexen", polo que se opuxo a "a discriminación do español que contempla a nova Lei de Educación".
Pino asegurou que o Parlamento de Galicia esixirá ao Goberno central "e grazas á nosa pregunta" o mantemento do castelán como lingua vehicular en Galicia e en toda España. "Seguiremos traballando para defender os dereitos de todos os galegos, tanto dentro como fóra das institucións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.